![costa-solpor-lema]()
Xosé María Lema presentoulle o seu libro "Costa do Solpor" ao alumnado do IES Fernando Blanco de Cee
Onte foi un día grande para Xosé Mª Lema xa que, con motivo das I xornadas do Libro Infantil e Xuvenil, presentoulle o seu libro "Costa do Solpor" ao alumnado do IES Fernando Blanco, onde impartíu as súas primeiras clases aló polo ano 1976.
A casa da Cultura de Cee acolliu tamén onte o espectáulo de Duende Sico, cunha dobre sesión para os rapaces de 1º, 2º e 3º de primaria, primeiro do Eugenio López e, máis tarde, do Manuela Rial.
Programa
As I xornadas xornadas do libro infantil e xuvenil de Cee rematan hoxe cun encontro que manterá María Canosa cos alumnado de primaria dos colexios Eugenio López e Manuel Rial Mouzo. Canosa presentaralle o seu libro “A cazadora de estrelas” nun acto que comeza ás 12.30 horas no auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Cee