Unha xuntanza para lembrar a Pepa Fandiño

Quenxe volveu ser o lugar de reunión

Apenas dous meses despois da xuntanza do ano pasado, falecía Pepa Fandiño. Por iso, a familia da promoción do 1987 do CEIP Eugenio López de Cee quixo celebrar a xuntanza polo 41 aniversario na súa lembranza.

O pasado sábado, voltaron reunirse, con mesa e mantel dende logo, e fixeron memoria contando historias da brava e combativa Pepa.

”E si nada o impide voltaremos a xuntarnos no 2020”, explica algún dos membros da promoción.


Pepa Fandiño, á esquerda, na reunión do ano pasado

Novas relacionadas