Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xúntanse ex alumnos do Eugenio López… 40 anos despois

Xúntanse ex alumnos do Eugenio López… 40 anos despois
Foto da promocion do 1978 do CEIP Eugenio Lopez de Cee Foto da promocion do 1978 do CEIP Eugenio Lopez de Cee

Non sempre se xuntan todoso os días, antigos alumnos despois de 40 anos. Pois este 14 de xullo uns 40 ex alumnos da cuarta promoción do CEIP Eugenio López de Cee quere celebra en común o que sería o seu 40 aniversario. A cita darase cunha cea de reencontros e lembranzas nas Hortensias de Corcubión.

A idea xurdíu cando Fernando Domínguez Trillo (actual directivo da SD Ameixenda) e Adela Muñoz Forneiro, despois de que esta atopase unha foto da excursión de fin de curso. Convencidos da boa idea de facer unha xuntanza arredor dunha mesa, como non podía ser doutro xeito, puxéronse a localizar ao resto da promoción e parece que a convocatoria vai saír bastante completa. Tamén axudaron Charo Trillo Castro e Carmen Díaz Liñares, encantadas de recuperar antigas historias.

Haberá algunha sorpresa e seguro que caen algunhas bágoas…

Comentarios