Fisterra e Corcubión únense por solidariedade
16 de decembro de 2013 (08:02 h.)
O vindeiro sábado 21, ás 6 da tarde, terá lugar a "Gala Solidaria" a prol da Asociación "Obra Social Nosa Sra. do Carme" de Fisterra, organizada pola Universidade Popular de Corcubión. Para acudir a devandita gala están á venda entradas-donativo así como "petos fila 0" para aquelas persoas que non poden acudir á gala e, aínda así queren colaborar.
Na gala haberá cantareas, música, marionetas, contos e contacontos e moita solidariedade.
Bonos-donativo e petos
Podes axudar cun bonodonativo nos seguintes puntos:- Fisterra: Supermercado Covirán “O Cruce“, Farmacia "Val", Na propia entidade "Nosa Sra do Carme" e Bodegón Anchoa.
- Cee: Café Bar "Central" e Pastelería Confitería "Silvia".
- Corcubión: Kiosco "Rosalía", Chuminadas "O Rollo" e Bar "Suiza".
E podedes facervos cos vosos petos en:
- Fisterra: Farmacia “Val” e Supermercado Covirán “O Cruce“.
- Cee: Pastelería Confitería "Silvia".
- Corcubión: Estanco “Astrid” e Mercería Lola.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).