A Asociación Nerio comeza un novo curso de baile galego


Este mes de novembro comezaron as clases de baile galego por parte da Asociación Cultural e Deportiva Nerio, á que pertence o Grupo de Baile Xaldón, que durante o 2013 participou en máis dunha decena de festivais e concursos por toda Galicia, acadando diversos premios.
Esta actividade arrincou cun gran éxito sendo xa máis de 40 os alumnos que están anotados ás clases, procedentes dos diversos concellos da zona.
A idade non é impedimento para practicar o baile, habendo desde cativos con 3 anos ata bailaríns que superan os 50, e que atopan no baile galego un saudable e divertido xeito de manterse en forma.
As clases son impartidas por Diego Diaz, antigo componente do Ballet Gallego Rey de Viana, os sábados pola mañá, na Casa da Cultura de Corcubión, e permanecerán abertas a novas inscripcións durante todo o ano.
Novas relacionadas
- O Concurso de Fotografía de Corcubión decidirase vía facebook.
- Polo San Martiño só os peóns de Corcubión ao Camiño.
Fonte
- Nota de prensa da ACD Nerio.