A Asociación organizadora saca peito do gran Mercado Medieval Costa da Morte

Membros da Asociación Organizadora do Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubion

Xa contamos que o pasado Mercado Medieval de Corcubión foi un dos mellores dos 18 anos da súa historia. Por iso, a Asociación Organizadora do Mercado Medieval Costa da Morte quere aproveitar para sacar peito, e facer unha valoración máis que positiva do evento en xeral, e da asistencia, unha das máis fortes dos últimos.

A asociación confirma o éxito das novidades dete ano, como a da elección da nova empresa xestora do Mercado, Rivendel, ou do novo patrocinador, Estrella Galicia, escollido da man polos hostaleiros da vila.

Pero o gran salto de calidade, foi o magnífico escaparate que supuxo o Desembarco na praia de Quenxe dirixido pola empresa Hípica Celta, e escenificado tanto por actores profesionais como por veciños do pobo e comarca. Toda unha demostración de como o pobo de San Marcos se pode chegar a volcar con esta festa.

A asociación agradece o apoio recibido pola Diputación da Coruña, Concello de Corcubion, as empresas comerciais locais e da comarca, socios colaboradores e visitantes.

E sen tempo que perder xa están traballando na próxima edición XIX Mercado Medieval Costa da Morte.

Todo para seguir convertindo o de Corcubión, o Mercado Medieval Costa da Morte nunha das citas históricas máis singulares e auténticas de toda a xeografía española.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/corcubion-volve-ao-medievo-con-mais-forza-ca-nunca/