A lotería nacional deixa un primerio premio en Corcubión

No bar Bujeiro de Corcubión venderonse décimos agraciados co primerio premio do sorteo da lotería nacional Despois do belisco que deixou a lotería de Nadal na Costa da Morte, a fortuna volve a visitar a bisbarra. Así, o sorteo da lotería nacional celebrado hoxe xoves volve á bisbarra, nesta ocasión a Corcubión onde tocou o primeiro premio aos décimos vendidos co número 24667. O número premiado vendeuse no bar Bujeiro, situado na rúa Pepe Miñones de Corcubión. Nesta ocasión, o premio deixa 300.000€ á serie, polo que cada décimo ten un premio de 30.000€; aos que lle hai que descontar a parte que se leva Facenda. En Vigo, Almería, Xaén, Álava, Palma de Mallorca, Cidade Real, Huelva, Madrid e Sevilla tamén se venderon décimos do número gañador. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)