![bar bujeiro corcubion]()
No bar Bujeiro de Corcubión venderonse décimos agraciados co primerio premio do sorteo da lotería nacional
Despois do
belisco que deixou a lotería de Nadal na Costa da Morte, a fortuna volve a visitar a bisbarra. Así, o sorteo da lotería nacional celebrado hoxe xoves volve á bisbarra, nesta ocasión a Corcubión onde tocou o primeiro premio aos décimos vendidos co número 24667.
O número premiado vendeuse no bar Bujeiro, situado na rúa Pepe Miñones de Corcubión. Nesta ocasión, o premio deixa 300.000€ á serie, polo que
cada décimo ten un premio de 30.000€; aos que lle hai que descontar a parte que se leva Facenda.
En Vigo, Almería, Xaén, Álava, Palma de Mallorca, Cidade Real, Huelva, Madrid e Sevilla tamén se venderon décimos do número gañador.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)