Advirten do risco das catas mineiras sobre os manantiais da zona

Unha das zonas afectadas polo permiso de investigación minerira Isabela II. Imaxe:Salvemos Cabana Salvemos Cabana, unha plataforma ecoloxista en contra da mineiría, acaba de presentar as súas alegacións ao permiso da Xunta sobre o proxecto de investigación mineira Isabela II que ameza aos concellos de Zas, Vimianzo, Santa Comba e Coristanco. Segundo esta plataforma, o expediente aprobado pola Xunta "presenta carencias significativas que a Consellería de Economía e Industria debería ter en conta antes de dar vía libre ao novo plan de investigación mineira que afecta á Costa da Morte". Unha das principais carencias do proxecto é que aquí non figuran as coordenadas dos lugares onde, supostamente, se desenvolverán os traballos. Ademais, Salvemos Cabana informa na súa páxina web que o texto non recolle como pode afectar a campaña de sondaxe ás augas subterráneas e acuíferos existentes na zona e que abastecen de auga a lugares como Lamas, Carreira, Bamiro, Treviño,... "Tampouco sepresenta ningún tipo de estudo hidroxeolóxico que descarten tales afectacións" advirten dende a plataforma. Na mesma liña, segundo indican dende Salvemos Cabana, o do estudo non fai referencia á posibilidade de verteduras tóxicas procedentes do engrase da maquinaria e outras sustancias químicas empregadas durante o proceso de perforación, sen considerar a Lei estatal 22/2011, de residuos e solos contaminados. Tampouco se establece ningunha medida preventiva nin se indica a caracterización química destes aditivos, a súa toxicidade e capacidade de difusión nin que se vai a facer cos lodos resultantes dos labores de sondaxe, que terían que derivarse obrigatoriamente a un xestor de residuos autorizado. Deste xeito, ésta e outras organizacións ecolóxistas, como Contramínate, advirten do risco que supoñen as catas mineiras para a saúde xa que afectarían aos manantiais de auga. Así, durante a reunión que mantivo o pasado sábado o alcalde de Zas cos veciños e veciñas varios membros de Contramínate presentes aconsellaronlle aos veciños que "non os deixedes entrar nas vosas fincas, porque despois non saen".  

Novas relacionadas

Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Salvemos Cabana