Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Advirten do risco das catas mineiras sobre os manantiais da zona

Advirten do risco das catas mineiras sobre os manantiais da zona
Unha das zonas afectadas polo permiso de investigación minerira Isabela II. Imaxe:Salvemos Cabana Unha das zonas afectadas polo permiso de investigación minerira Isabela II. Imaxe:Salvemos Cabana Salvemos Cabana, unha plataforma ecoloxista en contra da mineiría, acaba de presentar as súas alegacións ao permiso da Xunta sobre o proxecto de investigación mineira Isabela II que ameza aos concellos de Zas, Vimianzo, Santa Comba e Coristanco. Segundo esta plataforma, o expediente aprobado pola Xunta "presenta carencias significativas que a Consellería de Economía e Industria debería ter en conta antes de dar vía libre ao novo plan de investigación mineira que afecta á Costa da Morte". Unha das principais carencias do proxecto é que aquí non figuran as coordenadas dos lugares onde, supostamente, se desenvolverán os traballos. Ademais, Salvemos Cabana informa na súa páxina web que o texto non recolle como pode afectar a campaña de sondaxe ás augas subterráneas e acuíferos existentes na zona e que abastecen de auga a lugares como Lamas, Carreira, Bamiro, Treviño,... "Tampouco sepresenta ningún tipo de estudo hidroxeolóxico que descarten tales afectacións" advirten dende a plataforma. Na mesma liña, segundo indican dende Salvemos Cabana, o do estudo non fai referencia á posibilidade de verteduras tóxicas procedentes do engrase da maquinaria e outras sustancias químicas empregadas durante o proceso de perforación, sen considerar a Lei estatal 22/2011, de residuos e solos contaminados. Tampouco se establece ningunha medida preventiva nin se indica a caracterización química destes aditivos, a súa toxicidade e capacidade de difusión nin que se vai a facer cos lodos resultantes dos labores de sondaxe, que terían que derivarse obrigatoriamente a un xestor de residuos autorizado. Deste xeito, ésta e outras organizacións ecolóxistas, como Contramínate, advirten do risco que supoñen as catas mineiras para a saúde xa que afectarían aos manantiais de auga. Así, durante a reunión que mantivo o pasado sábado o alcalde de Zas cos veciños e veciñas varios membros de Contramínate presentes aconsellaronlle aos veciños que "non os deixedes entrar nas vosas fincas, porque despois non saen".  

Novas relacionadas

Fonte   

Comentarios