#Biblionízate polo Día da Biblioteca

24 de outubro de 2018 (07:58 h.)
Hoxe, 24 de outubro é o Día Internacional da Biblioteca. E son varios os Concellos que celebran a data cunha algunha actividade especial, algunha en clave dixital.
Cómpre resaltar a labor destes centros de cultura e lecer que serven con inmellorable instrumento de mellora da formación e a convivencia humana, como algo que cura, que alonxa ao inocente do que agrede, en especial dos máis vulnerables; o que fai dano, sexa ou non imaxinado, sexa ou non real. As bibliotecas reparten refuxio, velan polos libros que habitan nelas para que non morran nin desaparezan.

En Carballo celebran a data por partida doble, xaq que o 24 de outubro tamén é o aniversario da Biblioteca Municipal Rego da Balsa. Cumpre 4 anos o centro cultural carballés que queren agradecer aos usuarios cun agasallo a todos os que recollades un libro en préstamo.
Hai actividades toda a semana e o mércores a partir das 18.00 horas, farán unha gran festa con María Faltri para cantar, bailar e rir coa súa bibliodiscoteca, para nenos e nenas a partir de 3 anos.


Carballo

Santa Comba
Este mércores 24 de outubro o Concello de Santa Comba quere celebrar o Día das Bibliotecas, eses espazos, lugares de encontro dos lectores de tódalas idades coa cultura. Achégate á biblioteca de Santa Comba o 24 de outubro e terás un premio.
Corcubión
A bibliotecaria de Corcubión vai axudar a todos os usuarios a acceder á Plataforma de libro electrónico #GaliciaLe. Unha Plataforma que permite a todos os socios das bibliotecas descargar libros no seu ebook de forma sinxela a eficaz, tanto en galego, como en castelán (eBiblio).