#Biblionízate polo Día da Biblioteca

07:58 24/10/18
Hoxe, 24 de outubro é o Día Internacional da Biblioteca. E son varios os Concellos que celebran a data cunha algunha actividade especial, algunha en clave dixital.
Cómpre resaltar a labor destes centros de cultura e lecer que serven con inmellorable instrumento de mellora da formación e a convivencia humana, como algo que cura, que alonxa ao inocente do que agrede, en especial dos máis vulnerables; o que fai dano, sexa ou non imaxinado, sexa ou non real. As bibliotecas reparten refuxio, velan polos libros que habitan nelas para que non morran nin desaparezan.
En Carballo celebran a data por partida doble, xaq que o 24 de outubro tamén é o aniversario da Biblioteca Municipal Rego da Balsa. Cumpre 4 anos o centro cultural carballés que queren agradecer aos usuarios cun agasallo a todos os que recollades un libro en préstamo.
Hai actividades toda a semana e o mércores a partir das 18.00 horas, farán unha gran festa con María Faltri para cantar, bailar e rir coa súa bibliodiscoteca, para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Carballo

Santa Comba
Este mércores 24 de outubro o Concello de Santa Comba quere celebrar o Día das Bibliotecas, eses espazos, lugares de encontro dos lectores de tódalas idades coa cultura. Achégate á biblioteca de Santa Comba o 24 de outubro e terás un premio.
Corcubión
A bibliotecaria de Corcubión vai axudar a todos os usuarios a acceder á Plataforma de libro electrónico #GaliciaLe. Unha Plataforma que permite a todos os socios das bibliotecas descargar libros no seu ebook de forma sinxela a eficaz, tanto en galego, como en castelán (eBiblio).
Muxía
Na Biblio de Muxía tamén celebran Día da Biblioteca hoxe coa visita de Anxo Moure e os seus contos para abrazar ás árbores, ás 18.00 h.
Ponteceso
A Área de Biblioteca ofrecerá, co gallo do Día da Biblioteca, o venres 26 un espectáculo infantil de maxia dentro do programa Ler conta moito. A partir das 18.30 horas, o Mago Paco encherá a biblio de contos, xogos e trucos sorprendentes para nenos/as de 3 a 12 anos.