O Casino de Corcubión descobre a historia novelada do nacemento de Salvamento Marítimo de Galicia

10 de outubro de 2024 (09:59 h.)
Non para o Casino de Corcubión e despois da visita de Don Emerito, monta en barco para mergullarse "Na Escuridade das ondas".
A Asociación Centro Recreativo e Cultural de Corcubión prepara para este sábado 12 ás 12:00h a presentación da novela do escritor Fernando Patricio Cortizo, un dos meirandes especialistas en naufraxios do país. A novela narra a traxedia do pesqueiro La Isla no mar da Torre de Hércules e as consecuencias dun naufraxio que fixeron nacer o Salvamento Marítimo en Galicia.