Corcubión convírtese nun Ágora con Abraham Trilo e José Mayo
06 de xullo de 2026 (00:56 h.)
Este pasado venres o Centro Recreativo e Cultural de Corcubión acolleu o acto de presentación do novo foro de debate “El agora de Corcubión", un proxecto que na boca dos seus promotores - José Mayo e Abraham Trillo - defínese como “un espazo sereno e multidisciplinar aberto ao diálogo e intercambio de ideas sobre a cultura e a sociedade“.
A charla do venres tratou sobre a influencia que ten a ficción literaria a hora de cambiar a realidade, cada mes abordarase diferentes temas enunciados por un grupo variado de conferenciantes.