luns. 06.04.2026
El tiempo

A revista literaria "A Galopar" nace arroupada

Presentacion Revista Literaria A Galopar no Casino de Corcubion
A revista literaria "A Galopar" nace arroupada

O Centro Recreativo e Cultural de Corcubión acolleu na mañá do sábado 4 de abril a presentación da revista literaria A Galopar. No acto, ateigado de xente, interviron o poeta Alex López, o articulista José Mayo, e o director da mesma, o noso Abraham Trillo.

Segundo explicaron, pretende ser "unha revista de corte libertario e plural" na que os seus participantes poidan falar do que queiran e expresarse no idioma que estimen oportuno sen censura algunha. A Galopar, que na súa primeira edición vai adicada a memoria do recentemente falecido corcubionés Jaime Lago, imprimirase de forma mensual e distribuirase en diferentes puntos da bisbarra.

Artigos do propio Trillo, de Angel Martínez Moar, Cándido Barral, José Mayo, Pilar Astray ou unha poesía de Manolín forman o primeiro número da revista.

Abraham Trillo Alex Lopez e Juan Mayo na revista Galopar
Abraham Trillo, Álex Lépez e José Mayo 

A Galopar revista literaria maquina escribir

A Galopar revista literaria

Artigos de Abraham Trillo en QPC.

Comentarios