Corcubión reforza a prevención de incendios

Ademais do paso veciñal en clave de prevención contra os incendiosn, o Concello de Corcubión, a través da Concellería de Urbanismo, Medio Ambiente e Sustentabilidade, vén de solicitar á empresa pública Seaga (Servizos Agrarios Galegos) a limpeza de 12 km de pistas e vías forestais estratéxicas para mellorar a seguridade e facilitar o acceso dos medios de extinción.

Ademais, o municipio conta xa con tres puntos de carga rápida de auga para camións cisterna, optimizando os tempos de resposta ante posibles lumes.

"A prevención é unha tarefa de todo o ano. Seguimos traballando por un Corcubión máis seguro e resiliente", aseguran dende o Concello, dende ode ademais piden tamén a colaboración veciñal no mantemento das fincas privadas.