A Redonda dá un paso máis na prevención de incendios
Que a prevención de incendios faise en inverno, é algo que teñen claro poucas entidades en Galicia (dende longo as administracións, non, que seguen apostando por un modelo de extinción por diante da prevención). As tres asociacións parroquiais de San Pedro de Redonda (AAVV Lugar de Quenxe, San Roque e de San Pedro de Redonda) xunto cos veciños e veciñas das aldeas, téñeno claro, e veñen de dar un paso máis na prevención de incendios.
Despois de conseguir a instalación de varias bocas antiincendios e adquirir grazas aos forestais e bombeiros, diversos materias contra o lume, agora traballan na franxa de seguridade secundaria. Esta área delimita unha separación das vivendas cos montes, para previr e minimizar o perigo de queima dos fogares ante posibles incendios. Nestas xornadas, debido ao convenio firmado entre o Concello de Corcubión e a Conselleria do medio rural, os servizos de SEAGA (Servizo Agrario Galego) están informando a toda a veciñanza dos metros de seguridade que corresponden á franxa de seguridade e que son decisivos para evitar que posibles lumes cheguen as casas.
Ademáis, as tres asociacións solicitarán a administración o suministro de especies frondosas (aptas dentro da franxa de seguridade polo seu mínimo perigo) para aqueles veciños e veciñas que estén interesados. Tal é a acollida e o sentimento de previr futuras desgrazas dentro da parroquia de San Pedro de Redonda que gran parte dos veciños, unha vez delimitado e cortado os metros que correspondan (supervisados por SEAGA), atópanse interesados na plantación de especies como castiñeiros, carballos, bidueiros...
Así mesmo, o seguinte paso previsto da veciñanza será contar coa axuda de SEAGA e dos nenos e nenas do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión para construir entre todos e todas un muro verde cas diferentes especies frondosas. Desde xeito os alumnos e alumnas do colexio participarán na franxa de seguridade da parroquia xunto cos máis maiores, nun acto de conciencia social interxeracional que non só pode evitar desgrazas materiais senon que tamén evitará a perda de vidas. Porque grazas a unión de todas as partes da sociedade marcarase un antes e un despois na loita contra os incendios nesta parroquia de Corcubión.



