Corcubión volve sentar na Cadeira de Contar
21 de novembro de 2025 (07:04 h.)
Continúan as actividades de envellecemento activo das persoas maiores en Corcubión. Así dende o programa Facérmonos Maiores, subvencionado pola Deputación Provincial, ponse en marcha a actividade interxeracional "A Cadeira de Contar".
O grupo de persoas maiores das Parroquias e da vila, xuntaranse os mércores ás 16.00h no Albergue de San Roque para lembrar historias, contos, lendas e vivencias biográficas para logo poder contarllas ás crianzas, moitas delas netas e netos. O proxecto conta coa colaboración co CEIP e a Biblioteca Municipal.
O Concello convida as persoas maiores de 60 anos, chamando ao Concello para a súa inscrición.