venres. 21.11.2025
El tiempo

Corcubión volve sentar na Cadeira de Contar

Cadeira de contar en Corcubion
Cadeira de contar en Corcubion
Corcubión volve sentar na Cadeira de Contar

Continúan as actividades de envellecemento activo das persoas maiores en Corcubión. Así dende o programa Facérmonos Maiores, subvencionado pola Deputación Provincial, ponse en marcha a actividade interxeracional "A Cadeira de Contar".

O grupo de persoas maiores das Parroquias e da vila, xuntaranse os mércores ás 16.00h no Albergue de San Roque para lembrar historias, contos, lendas e vivencias biográficas para logo  poder contarllas ás crianzas, moitas delas netas e netos. O proxecto conta coa colaboración co CEIP e a Biblioteca Municipal.  

O Concello convida as persoas maiores de 60 anos, chamando ao Concello para a súa inscrición. 

Comentarios