O corcubionés Luís Medarde faise co título de campión galego de xadrez
20 de abril de 2022 (11:09 h.)
Conseguiuno. Este pasado sábado, o corcubionés Luís Medarde, xogador do CD Portas Abertas Verín, proclamouse Campión Galego Absoluto de Xadrez. Alzou o trofeo tralo campionato final celebrado no Hotel Scala de Padrón, quedando por diante de David Gómez Diéguez (Club Deportivo Xadrez Ourense) e Rubén Fernández López (Escola Xadrez Pontevedra).
”Lo venía persiguiendo desde que era un niño y siempre me quedaba a las puertas ¡Espero que sea el primero de muchos!”, recoñecía Luís nas redes sociais.
Gran ano para o xadrez costeiro, que tamén vive o ascenso do Club Xadrez Cabo Touriñán á 1ª División Galega.