Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Xadrez Cabo Touriñán ascende a 1ª División Galega tras superar na última rolda ao Gillán de Malpica

Mon Franco a esqueda co Club Xadrez Cabo Tourinan
Mon Franco, á esquerda, nun choque do Club Xadrez Cabo Touriñán
O Xadrez Cabo Touriñán ascende a 1ª División Galega tras superar na última rolda ao Gillán de Malpica

Grandes novas para a familia do Xadrez Cabo Touriñán. O club muxián retomaba a competición este ano tralo parón por mor da pandemia. E fíxoo de xeiro inmellorable, proclamándose campión do grupo D da 2ª División Galega. Superou a outros equipos da comarca, como o Gillán de Malpica, ou o Ir Indo de Zas (dous clubs que volvían competir este ano), ademais de clubs de Arteixo, Milladoiro, Nemenzo de Santiago e Val do Dubra.

O equipo muxián tiña que remontar na 7ª e última rolda, ante un Gillán que se mantiña de líder dende o inicio da Liga. O Touriñán chegaban a 1,5 puntos dos malpicáns, e tiñan que vencer ao Val do Dubra, e esperar a que Malpica non gañase o seu encontro contra o Nemenzo de Santiago. Os muxiáns gañaron o seu encontro por un contundente 4-0 mentres que os de Malpica perderon por 2,5-1,5. Tamén chegaba con algunha opción de ascender o equipo de Ir Indo que gañou 4-0 ao Arteixo pero non lle chegaba o resultado para superar o Cabo Touriñán.

Os meirandes parabéns aos Santi Pérez, José Sar, Jesús Tarrela, aoo californiano residente en Muxía, Michael Weaver; que forman o club xunto aos corcubioneses José Soneira e Ramón Franco e os santiagueses Manuel Rodriguez e David Buiturón.

Comentarios