COVID: Cribado no sector do mar
30 de marzo de 2021 (12:58 h.)
Mentres se desenvolve estes días o cribado no Concello de Laxe, a Área Sanitaria de Coruña Cee tamén comezou un cribado no sector do mar. Concretamente lévase a cabo no Instituto Nacional da Mariña de Corcubión, ese que está pendente do seu novo recorte.
O obxectivo deste plan é a redución dos riscos de contaxio tanto para o persoal como para os pacientes que acoden aos recoñecementos, mediante a realización de test de antíxenos antes de embarcar rumbo ás zonas onde desempeñan o seu labor diario.
Novas relacionadas
- 29-03-2021: COVID: Cribado no Concello de Laxe mentres as cifras seguen baixando.
- 04-02-2021: Unanimidade no Parlamento Galego para que o Estado manteña os ISM de Corcubión e Muros.