Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unanimidade no Parlamento Galego para que o Estado manteña os ISM de Corcubión e Muros

foto Rosana Pérez_arquivo
A Deputada nacionalista Rosana Pérez defendeu no Parlamento a iniciativa sobre o ISM de Corcubión e Muros
Unanimidade no Parlamento Galego para que o Estado manteña os ISM de Corcubión e Muros

Tralas protestas dos últimos meses dos 1.400 profesionais do mar afectados polos recortes no servizo médico do Instituto Social da Mariña de Corcubión, o BNG levaba ao Parlamento Galego unha iniciativa para que a Xunta inste ao goberno central a “reforzar a plantilla para garantir o servizo médico marítimo que o sector require”.

A iniciativa da deputada Rosana Pérez, ademais de pedir que non se pechen os ISM das vilas de Corcubión e Muros (ante o aviso da subdelegada de “reestruturar o servizo”), tamén solicitou a inmediata da persoa que atendía o servizo corcubionés, que tantos problemas está provocando no sector. E conseguiu unanimidade no pleno, pois todos os grupos votaron a favor.

O BNG lembrou que tanto o goberno popular como o PSOE teñen parte de responsabilidade na precaria situación do servizo xa que entre 2009 e 2012 o Goberno central socialista levou a cabo o peche das oficinas do Instituto Social da Mariña (ISM) en Muxía, Laxe e Fisterra.

Pérez explicou que o Instituto desenvolve formación sanitaria específica, vacinacións, revisións de botiquíns de a bordo, estudos epidemiolóxicos e seguimento dos procesos patolóxicos das e dos profesionais do sector. Nesta liña recalcou que no centro local de sanidade marítima de Corcubión realízase este importante labor, pero alertou de que, actualmente e a pesar da esixencia dos recoñecementos médicos por parte das Capitanías Marítimas, “xa non se dan citas, e mesmo as que estaban previstas están sendo anuladas debido á baixa por enfermidade da persoa que viña atendendo ese servizo sen que fose substituída e sen que se puidesen continuar todas as actividades de sanidade marítima necesarias en toda a súa área de influencia”.

Apoio do PP

O PP, en voz no seu deputado Alberto Pazos, quixo deixar patente o seu apoio á moción, e criticou que “o Goberno de Pedro Sánchez está a manipular os datos co único fin de xustificar o desmantelamento do ISM en Galicia”

NOVAS SOBRE O ISM

Comentarios