Dous incencios tensaron aos veciños de Corcubión e Mazaricos

Durante o día de onte, veciños de Corcubión e Mazaricos tiveron que voltar a poñerse a traballar en clave de extinción. E chegaron xusto no momento da folga dos Bombeiros da Costa da Morte.

Pola mañá, unha queima controlada na Redonda, Corcubión, descontrolábase e provocaba un pequeno lume que se achegaba demasiado ás vivendas. Finalmente, a chegada de efectivos de extinción foi a tempo e evitaron males maiores.

Xa pola tarde, eran os veciños da parroquia de Arcos, Mazaricos, os que tiñan que estar en pé dende as 17:00h e ata a 1:00h. A esa hora informaba Xunta baixo o que xa estaba extinguido, cunha superficie afectada de 20 hectáreas, sobre todo pola zona do lugar do Señorío.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).