Excarcerado tras bater contra unha casa en Corcubión

Accidente en Corcubion

Este pasado luns 15 de agosto, arredor das 16:45h, rexistrábase un novo accidente en Corcubión. Un home estampábase contra unha vivenda tras saírse da vía na AC-445 (entre os puntos quilométricos 3 e 4), co seu turismo e tiña que ser excarcerado, debido á posición na que rematou o turismo.

Bombeiros de Cee, axentes da Garda Civil de Tráfico membros de Protección Civil da localidade e servizo de mantemento das estradas acodiron ao lugar. Unha vez puideron sacalo, o condutor foi evacuado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia.