Farándula Velutina recibe o 3º Premio do Certame Xuventude Crea

Imaxe da obra Animais de Compañía de Farándula Velutina

Non paran. O grupo de teatro corcubionés “Farándula Velutin” vén de gañar outro premio. Trátase do 3º Premio do Certame "Xuventude Crea” na categoría de Teatro, unha das 14 categorías que outorga a Secretaría de Política Social da Xunta.

A obra “Animais de Compañía”, escrita polo mestre Fernando Castro Paredes, leva este premio por detrás do “Grupo Palimoquiños y Cía”, de Lugo e “Lohengrin Teatro”, de Vigo.

Esta peza trata sobre a violencia de xénero, o amor aos animais e a liberdade individual, continúa co fío aberto ca obra “Papiroflexia”, que xa levou outros dous premios.

Novas relacionadas