Farándula Velutina recibe o 3º Premio do Certame Xuventude Crea

11:54 02/11/20
Non paran. O grupo de teatro corcubionés “Farándula Velutin” vén de gañar outro premio. Trátase do 3º Premio do Certame "Xuventude Crea” na categoría de Teatro, unha das 14 categorías que outorga a Secretaría de Política Social da Xunta.
A obra “Animais de Compañía”, escrita polo mestre Fernando Castro Paredes, leva este premio por detrás do “Grupo Palimoquiños y Cía”, de Lugo e “Lohengrin Teatro”, de Vigo.
Esta peza trata sobre a violencia de xénero, o amor aos animais e a liberdade individual, continúa co fío aberto ca obra “Papiroflexia”, que xa levou outros dous premios.
Novas relacionadas
- Farándula Velutina leva a súa premiada "Papiroflexia" a Corcubión.
- Farándula Velutina suma novos premios para o teatro costeiro.
- O Teatro ceense recibe outro premio.
- Fernando Castro Paredes gaña o II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual.
- Papiroflexia abre o 1º Ciclo de Teatro Amador Galego AMATEGA .