Intentan roubar en varios establecimentos de Fisterra e Corcubión

Estes días amence Fisterra cun sabor estrano. Un sabor que se extende a Corcubión, onde os roubos tamén están de actualidade.

Por Fisterra, as ventás de varios establecimentos do centro da vila apareceron con signos de violencia tralo intento fallido de roubo. Esta pasada noite de martes 1 de marzo un grupo de persoas perfectamente identificadas por todos os veciños intentaron roubar en lugares como o Froiz, o bar "A Galería", a tenda de roupa "Xade" e ata no Albergue de Peregrinos. De feito, un dos hospitaleiros levou un bo susto cando e tropezou co suposto ladrón, que estaba intentando forzar a porta de atrás. Afortundamente non foi capaz de abrila e marchou pola rúa Real na procura de novos cristais que romper.

Ventás rotas, portas forzadas... Afortunadamente non puideron entrar en ningún establecimento, pero o medo continúa sendo unha realidade na vila do Cristo.

A Garda Civil estivo sacando fotos durante toda a noite aos establecimentos e continúan na procura dos autores dos delitos.

Uns autores, que como nos contan dende Fisterra, son de todos coñecidos. De feito, aseguran ter visto esta mesma noite tralo acontecido a un veciño que xa ten pasado en varias ocasións por prisión.

Así e todo, a veciñanza consideran que dende a Garda Civil poden facer algo máis. De feito, denuncian que están máis pendentes das multas de tráfico que das problemáticas sociais.

Un detido en Corcubión

Ademais, a Garda Civil informa de que un veciño foi detido a pasada noite en Corcubión cando fuxía logo de romper a fiestra dun supermercado. Os gardas, ademais do feito descrito, impútanlle outros dous intentos de roubo en senllos establecementos comerciais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).