Chulín, o can secuestrado, volve a casa

10:05 17/01/11
Moitas cousas xa viron as veterinarias de Salvacadelos. Pero un can secuestrado...
Pois así é a historia de Chulín, un pequeno can de Fisterra, que estivo varios días fóra de casa. Suponse que uns veciños da zona roubaron este pequeno e agarimoso yorkshire para revendelo, i é que a raza está moi demandada no mercado.
A familia Álvarez pasou varios días sen durmir dende que o pasado martes, arredor das 18:30h da tarde, desaparecía Chulín. Ao final, esta mesma fin de semana, foron neceszarios 150€ para devolvelo ao seu fogar. E gracias que o can non fóra vendido xa noutras zonas da bisbarra por un prezo maior...
Segundo nos conta o noso colaborador Xusto Gómez, nos últimos meses hai unha especie de nova "moda" de roubar yorkshires, unha raza moi demandada, para vendelos e sacar cartos. Ademais, os "cacos" tentan aproveitarse de casas onde vive xente maior, sempre menos atrevida á hora de denunciar. De feito, este foi roubado dende dentro do portal da casa familiar.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redaccióin de QPC (info@quepasancosta.com).
- Fotos e información de Xusto Gómez.