Sorprendidos en Vimianzo cando queimaban cable de cobre roubado

10:26 23/02/11

Axentes da Garda Civil de Vimianzo sorprenderon onte a dous homes, veciños de Carballo e Vimianzo, de 25 e 44 anos, respectivamente, cando queimaban cable de cobre supostamente subtraído na liña telefónica que une Zas coa Baizana (Vimianzo), cuxo roubo fora denunciado pola propia operadora e valorados os 300 metros subtraídos nuns 6.500 euros.
Os axentes lograron intervir ao redor de 150 quilos de cobre que en gran parte xa estaba desposuído do plástico envolvente que tiña a inscrición "Grupo Telefónica", ademais dunha cizalla supostamente empregada para cortar a citada liña.
Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución 1 de Corcubión.
Novas relacionadas
- Imputados catro mozos por roubar no CEIP da Ponte do Porto.
- Os empresarios piden información sobre a situación legal do parque empresarial de Vimianzo.
Fonte
- Nota de prensa da Garda Civl.