O Mercado de abastos de Corcubión volverá abrir a persiana con dous postos

O Mercado Municipal de Corcubión leva pechado dende marzo

Bruno Suárez Fraga, cun posto de peixes e mariscos, e Roberto García Pouso, cun de froitas e verduras, protagonizan a reapertura do Mercado Municipal de Corcubión. Tras dous meses coa persiana baixada a vila de San Marcos recupera un servizo básico.

Así anuncian trala resolutción das adxudicacións da concesión administrativa.