Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Mercado Municipal de Corcubión baixou a persiana

Mercado Municipal de Corcubion pechado
O Mercado Municipal de Corcubión baixou a persiana

Hai situacións que demostran a deriva económica dunha vila. E o peche do seu mercado municipal non pode senón cerciorar a derivada do comercio local.

Así acontece en Corcubión, onde dende a semana pasada xa non se levanta a persiana do Mercado de Abastos. O posto de froita pechou hai xa 1 mes (ata o Concello procedeu a tramitar a súa baixa oficialmente), e a peixería leva unha semana sen facelo, e non se sabe que vai acontecer.

Dende o grupo Sempre Corcubión consideran “prioritario apoiar e incentivar o mercado de cercanía como parte importante da cadea de suministro de alimentos, e como signo de crecemento da nosa economía local”. Conscientes de que abrir ou pechar locais non é competencia do alcalde, pregúntanse “que fai o goberno municipal para evitar esta decadencia observada no comercio local non sexa irreparable? Todo o contrario do que debería: comezando por negar información aos empresarios/as que lla solicitan”.

Explica que “a empresaria que rexentaba a froitería da plaza de abastos pedíu por rexistro, según manifestou, explicacións ao goberno do PSOE de Corcubión por ter que pagar a totalidade da factura da luz de todo o edificio, tanto da que ela usa como a xeral, como se o edificio fose dela e non do concello. Pero ningún dos seus requerimentos de información foron atendidos”.

Sempre Corcubión critica tamén as “campañas ineficaces que fomenten mercar nas nosas tendas, xa que non van acompañadas de incentivos nin para clientes nin para comerciantes”.

”Un pobo sen comercio local convértese nun pobo fantasma”, laméntanse o concelleiro Alfredo González, propoñendo a busca de solucións.

Comentarios