O Concurso de Fotografía de Corcubión decidirase vía facebook
Xa está en marcha o VIII Concurso de fotografía de Corcubión, que artellan Concello e a activa Universidade Cromática das Virtudes. Un concurso que este ano se decidirá con votacións populares vía facebook para a mellor fotografía do Premio Extraordinario Fillos de San Marcos, en alusión ao grupo de Fb creado e que tanto movemento xenera.
Haberá 400 Eu en premios con dúas temáticas diferenciadas, unha libre e outra especial "fillos de S. Marcos" para fotografías relacionadas con Corcubión.
Xa está aberto o prazo de presentación de fotografías (no Concello en papel fotográfico cun tamaño mínimo de 20x30 cm) que rematará o xoves 05 de decembro.
Todas as fotografías presentadas serán expostas durante o nadal na Capela do Pilar de Corcubión e as gañadoras se publicarán na revista Thaumazein editada pola U.C.V.
Pódense consultar as bases no blog da UCV e na páxina ofical do Concello de Corcubión Agradecemento especial a Foto Fuentes que ofrecerá un 30% de desconto no revelado fotográfico dos gañadores.
Novas relacionadas
- Novos cursos de fotografía en Carnota.
- Calcetíns na Capela.
- Corcubión de Fotografía- Corcubión 2011: Juan Louro gaña, “de volta”, o certame de fotografía de Corcubión.
- Corcubión de Fotografía- Corcubión 2010: Entregados os premios co concurso fotográfico xacobeo de Corcubión.
Fonte
- Concello de Corcubión e UCV.