Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Calcetíns na Capela

Calcetíns na Capela
Exposicion de Andres Lopez na Capela do Pilar de Corcubion-Foto-UCV3

Segue viva, e tan viva, a Capela do Pilar, o novo espazo cultural de Corcubión. Gracias ao traballo dos rapaces da Universidade Cromática das Virtudes, cos que nos vindeiros días teremos unha completa conversa en "As Bondades da Fala".

A última proposta, ademais do ciclo de cine futurista que se mantén en agosto, tivo lugar este pasado venres, coa inauguración da exposición “O caixón dos calcetíns” do artista Andrés López.

Numerosos veciños e visitantes ateigaron o simbólico espazo para analizar as obras de Andrés, así como comprobar a recuperación artística do lugar.
Xa no tocante á propia exposición, Andrés lévanos por un camiño de propostas visuais, con variedade de artes, como pintura, debuxo, fotografía e escultura.

A exposición pode visitarse ata o vindeiro 31 de agosto na mesma Capela do Pilar de Corcubión.

Exposicion de Andres Lopez na Capela do Pilar de Corcubion-Foto-UCV Exposición de Andrés López na Capela do Pilar de Corcubión-Foto-UCV

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios