Rematada a rede de saneamento do sur de Corcubión
29 de abril de 2011 (15:00 h.)
Pasos a seguir
O seguinte paso, segundo informaba a Deputación será a conexión do saneamento de Vilar a Quenxe. Especial fincapé terán que facer na zona de Quenxe, onde a día de hoxe aínda seguen vertendo as casas da Agra da Ribeira a caño libre. Ademais quedará pendente un completo repaso ao saneamento da ría. Agora só falta a súa aprobación en pleno, exposición pública do proxecto durante 20 días e o envio da documentación administrativa para a súa aprobación no Consello da Xunta. Deste xeito "o concello avanza a unha valorización dos espacios públicos, que debería rematar coa humanización da praza de Castelao e adecentamento da mesma en toda a súa amplitude, conservando os valores patrimoniais". Así mesmo o 80% ou 90% das vivendas quedaría conectadas dentro da rede de saneamento nova, con separación de pluviais, para que chegue ata a EDAR e non ao mar.Novas relacionadas
- A Deputación explica os investimentos en Corcubión.
- O saneamento da Ría de Corcubión será investigado pola Xunta e a UE .
- A caño libre na zona de Quenxe.
Fonte
- Nota de prensa do PSOE de Corcubión.