Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Deputación explica os investimentos en Corcubión

A Deputación explica os investimentos en Corcubión

Parece que non quedaron claros os investivementos da Deputación da Coruña no Concello corcubionés a pesar das últimas visitas do presidente Fernández Moreda. Por unha banda, o BNG local solicitaba ao mando nacionalista na Administatrción provincial fondos para o Centro de Día. E pola outra, o alcalde, Francisco Lema Chisco, volveu informar do estado dos investimentos.

Investimentos da Deputación

A Deputación da Coruña destinará 200.000 euros para financiar diversos proxectos no concello de Corcubión. Os investimentos inclúen a finalización do centro de día, a pavimentación de Praza do Rolo- Camiño de Fontevilar e a conexión do saneamento de Vilar a Quenxe.

Os proxectos que se realizarán son os seguintes:

  • Pavimentación e saneamento da rúa de unión Praza do Campo do Rolo - Camiño de Fontevilar: As obras realizaranse na zona central da Praza Campo do Rolo e a súa contorna, concretamente no tramo de unión desta zona central da praza pola que discorre o Camiño Xacobeo co Camiño de Fontevilar.
    Preténdese continuar coa posta en valor do conxunto histórico artístico de Corcubión, así como humanizar espazos especialmente degradados mediante a substitución do pavimento continuo de formigón por un novo pavimento que combine as laxas de granito con lastro aserrado, de modo que se adecue máis á contorna.
    Así mesmo, executarase a recollida e canalización das augas pluviais mediante a substitución da cañería que atravesa a praza e a creación dunha rede separativa na contorna da praza, que recolle e canaliza de modo separado as augas pluviais e residuais. Executarase unha rede de saneamento que sirva ás vivendas.
    As obras inclúen a dotación de mobiliario urbano como bancos, papeleiras de madeira, mesa de xogos e grandes xardineiras; así como bancos e mesas de granito, unha pérgola de madeira, e unha fonte de pedra.
    Orzamento: 52.734,64 euros.
  • Conexión do saneamento de Vilar a Quenxe: As obras executaranse na contorna do lugar de Quenxe, concretamente, ao redor da estrada AC-445, na saída do caso urbano de Corcubión en dirección a Fisterra. Mellorarase a instalación de saneamento da contorna dos núcleos de Quenxe e O Vilar, para o que será necesaria a realización dunha pequena estación de bombeo, que contará con dúas bombas.
    Orzamento: 11.205,36 euros
  • Adquisición de terreos para o novo cemiterio municipal: Adquisición dunha parcela de 6.000 metros cadrados de superficie, a menos de catrocentos metros de Corcubión e de cincocentos metros do núcleo de Vilar.
    Orzamento: 36.060 euros.
  • Centro de día - finalización das obras de rehabilitación dos edificios Padroado e Asilo: O centro de día sitúase nos edificios nº 7 e nº 9 da rúa Antonio Porrúa, que é necesario rehabilitar dado o seu mal estado de conservación. Os espazos de maior protagonismo como son as salas de actividades, sala de rehabilitación e comedor, que se disporán cara á fachada principal e os espazos de menor uso (baños e despachos de billetes) cara á fachada traseira.
    Tamén se realizará a recuperación do patio traseiro mediante unha pérgola que permita subir enredaderas e converterse así nunha celosía natural, que posibilite unha cómoda zona de estancia no exterior.
    Na planta baixa situarase a área de control, un baño e unha zona polivalente; na planta primeira habilitarase unha sala polivalente, aseo, despachos de billetes e comedor; e na planta segunda situarase a área administrativa e de atención ao persoal, así como unha sala de actividades.
    Orzamento: 100.000 euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Deputación.

Comentarios