Rescatan un menor que caera nunhas rochas en Corcubión
03 de abril de 2017 (07:26 h.)
O suceso acontecía durante a tarde deste domingo. Un rapaz de 14 anos caía nunha zona de pedras na curva de Santa Isabel, en pleno paseo de Corcubión, fronte ó Hotel El Hórreo. A vítima precipitouse a un punto de difícil acceso preto do mar.
Urxencias Médicas e Bombeiros de Cee acodían ao lugar, ademais de Protección Civil de Corcubión e Garda Civil de Trafico de Corcubió. Tiveron que subir a vítima nun o taboleiro espiñal para poder rescatalo, non sen dificultade, nunha tarefa lenta pola perigo de andar por enriba das pedras do mar, ata achegalo á ambulancia.
Fonte
- Bombeiros de Cee.