Rexeneran a ría de Corcubión con 84.000 sementes de ameixa xaponesa

O Conselleiro de Mar esta maá espallando a semente de ameixa xaponesa na ría de Corcubión

Visita institucional esta mañá ao porto de Corcubión. Semella que as cifras de contaminación por metais pesados e por coliformes son cousa do pasado, pois a Xunta vén de liberar 84.000 unidades de semente de ameixa xapones. Este lote que foi criado nas instalacións que esta entidade ten Ribadeo e foi entregado hoxe ás mariscadoras da confraría coruñesa, é o resultado das experiencias de investigación realizadas con este bivalvo, desde o cultivo larvario ata a preengorda no centro ribadense.

Os bivalvos teñen un tamaño medio de 14,71 milímetros e equivalen a 37 quilos de semente. Os traballos previstos desenvólvense en dúas xornadas. A de hoxe, na que se realiza a sementeira desde a embarcación nunha área submareal e, mañá, na que se procederá á repartir 24.000 unidades nunha zona diferente. A asistencia técnica da confraría realizará o seguimento e evolución do proceso reportando datos e rexistros ao CIMA, desde onde completarán a información necesaria para cumprir os obxectivos das súas investigacións. 

O peche continuado da ría fixo que das 80 persoas que chegaron a vivir do berberecho aló polos anos 90, na última década apenas queden unha decena.

De feito, o Centro de Investigación está a traballar tamén no proceso de selección de estirpes de berberecho adaptadas ás condicións de salinidade extrema. Para levar a cabo este estudo, conta cunha acción de investigación REDEMAR, na que, xunto co persoal investigador do Campus de Lugo, someterán os bivalvos a condicións extremas na procura de atopar individuos que sobrevivan a estas situacións.

Máis novas