Serxio Iglesias, feliz coma un peixe polo seu premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

Gusta dá ver que un colaborador desta casa segue gañando premios por aí endiante. O corcubionés Serxio Iglesias, do que botamos en falta as súas Historias nómades, vén de gañar o XXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca o Concello de Dodro, co seu poemario 'Viaxe ao interior da fenda'.

Nada menos que un premio de 2.300€ que recibirá Serxio o vindeiro día 15 de decembro na entrega de premios.

"Feliz coma un peixe" amosábase o poeta, natural de Bos Aires pero corcubionés de adopción, que dá clase de Galego no Instituto Fernando Blanco de Cee. Precisamente esta semana pasaremos polo centro educativo ceense pois o propio mestre está revolucionando ao alumnado cunhas novedosas clases de portugués!

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • La Voz.