Domingo. 27.11.2022
El tiempo

Serxio Iglesias, feliz coma un peixe polo seu premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

Serxio Iglesias, feliz coma un peixe polo seu premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
O poeta corcubionés Serxio Iglesias, feliz coma un peixe polo seu premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón,

Gusta dá ver que un colaborador desta casa segue gañando premios por aí endiante. O corcubionés Serxio Iglesias, do que botamos en falta as súas Historias nómades, vén de gañar o XXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca o Concello de Dodro, co seu poemario 'Viaxe ao interior da fenda'.

Nada menos que un premio de 2.300€ que recibirá Serxio o vindeiro día 15 de decembro na entrega de premios.

"Feliz coma un peixe" amosábase o poeta, natural de Bos Aires pero corcubionés de adopción, que dá clase de Galego no Instituto Fernando Blanco de Cee. Precisamente esta semana pasaremos polo centro educativo ceense pois o propio mestre está revolucionando ao alumnado cunhas novedosas clases de portugués!

Novas relacionadas

Fonte

comentarios