Signatus Films caza o derradeiro lobo ibérico na Costa da Morte

Xa vimos unha Breve etoloxía do lobo ibérico e unha marea de Vídeos naturais de Francisco Santiago López. Hoxe, remata con esta serie sobre o lobo, e nos cede o privilexio de compartilo a través do youtube, ademais de facelo a través do seu facebook persoal.

O corcubionés Francisco Santiago López, o “Félix Rodríguez de la Fuente da Costa da Morte”, marcha coa súa cámara polos montes da Costa da Morte para “cazar” toda clase de fauna salvaxe. Fica agazapado nun lugar estratéxico (o sitio é clave) e espera que apareza o amigo xabarín, o garañó, o moucho, os lagartos, as lontras… ou o lobo, o seu favorito. De feito, púxolle á súa marca audiovisual: “Signatus Film”.

Aquí vos deixamos coa última peza da serie, unha xoia audiovisual da nosa natureza, cunha visión tremendamente crítica do desenvolvemento social do humano, que vaticina o fin da presencia do lobo ibérico nos nosos montes:

Os outros vídeos da Breve etoloxía do lobo ibérico




Máis vídeos naturais

Fonte

Etiquetas
Corcubión Mazaricos Muxía Cultura Costa da Morte Vídeos