Unha homenaxe corcubionesa interxeracional ao gaiteiro eterno

O gaiteiro de Quenxe Vitorino Lago-Foto-Susana Vazquez
82 anos leva Victorino Lago pegado a unha gaita. O Gaiteiro de Quenxe celebrou o seu 90 aniversario cunha festa multitudinaria en Corcubión. A vila armou unha emotiva homenaxe na que participaron gaiteiros de todas as idades. I é que se algo se destaca de Corcubión é a súa capacidade musiqueira. Das unha patada e aparece un músico; en cada festa nunha falta a foliada da casa. Moitos dos que tocaron na Casa da Cultura foron os seus alumnos, que lembraron que como Victorino Lago houbo poucos mestres na zona. Victorino comezou a tocar unha frauta feita cunha cana, e dende aí pasou a tocar en ducias de bandas e orquestras, ademais da súa dedicación como mestre.
Gaiteiros de todas as idades homenaxearon a Victorino Lago   https://www.facebook.com/suvamar/videos/10213387119625809/

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).