![O gaiteiro de Quenxe Vitorino Lago-Foto-Susana Vazquez]()
O gaiteiro de Quenxe Vitorino Lago-Foto-Susana Vazquez
![Homenaxe en Corcubion ao Gaiteiro Victorino]()
82 anos leva Victorino Lago pegado a unha gaita. O Gaiteiro de Quenxe celebrou o seu 90 aniversario cunha festa multitudinaria en Corcubión. A vila armou unha emotiva homenaxe na que participaron gaiteiros de todas as idades. I é que se algo se destaca de Corcubión é a súa capacidade musiqueira. Das unha patada e aparece un músico; en cada festa nunha falta a foliada da casa.
Moitos dos que tocaron na Casa da Cultura foron os seus alumnos, que lembraron que como Victorino Lago houbo poucos mestres na zona. Victorino comezou a tocar unha frauta feita cunha cana, e dende aí pasou a tocar en ducias de bandas e orquestras, ademais da súa dedicación como mestre.
![Homenaxe ao Gaiteiro de Corcubion Victorino]()
Gaiteiros de todas as idades homenaxearon a Victorino Lago
https://www.facebook.com/suvamar/videos/10213387119625809/
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).