Variedade de propostas para o #25N de Corcubión
Seguimos repasando os programas municipais arredor do 25N. Hoxe imos por Corcubión para repasar os diversos actos ao longo do mes de novembro que rematarán o 29.
O ventres 21 de novembro, ás 19.00h na Biblioteca Pública Municipal, terá lugar a presentación do Libro “o Faiado das Papoulas” de Baia Fernández.
O domingo 23 de novembro, ás 18:00h na Casa da Cultura, tóca sesión de teatro coa obra “Sen Lingua” de Noelia Papín.
O día propio martes 25 de novembro, ás 12.00 da mañá, na Casa do Concello, haberá unha concentración contra a violencia de xénero e letura de manifesto.
Xa ás 20:00h, estrearase a Mostra artística “Sagrado Corazón” de Isolda Comesaña, que está facendo a súa residencia artística na Capela do Pilar.
Para rematar, o sábado 29 de novembro, ás 19:00h, co gallo do Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino, proxección da documental “Gaza, a franxa do exterminio”.