A veciñanza de Corcubión asume a humanización da praza Castelao pero pide asegurar aparcamentos disuasorios
Menos polémica e máis consenso na reunión que o concello de Corcubión realizou onte na Capela do Pilar para informar á veciñanza da segunda campaña de peonalización da Praza Castelao. Un proceso irreversible xa en centos de vilas e cidades de todo o país, que trata de recuperar espazo para os peóns, para as persoas, que sempre topa coa veciñanza que habita nesas zonas, pero que co paso do tempo vaise asumindo como o que é: unha medida moi positiva para mellorar a calidade de vida dos espazos urbanos.
Comezaba o Concello explicando que a peonalización vai comezar este verán e vaise intentar estender ata o Nadal, coa inclusión de 3 cámaras de control, que controlarán que os accesos só se realicen antes das 15:0h, pois durante a tarde e a noite estará controlado o paso.
Certo que varias familias residentes, menos contrarias á medida que durante o proceso do ano pasado, sinalaron que as 12-14 prazas de aparcamento que van quedar fixas para residentes van quedar escasas, e pediron a creación dun aparcamento disuasorio. Por aí foron as críticas do PSOE, que consideran que se “empezou a casa polo tellado”, poñendo o aparcamento como algo primordial a solucionar.
Sinalaron que é posible que se utilice privisionalmente o espazo entre Cee e Corcubión por onde vai ir o novo paseo marítimo, mentres non se atope outra solución.
Con todo, o sentir xeral, este ano si, é que a medida vai ser positiva e que este casco vello non se merece este desmadre de vehículos.
Novas do proceso do ano pasado