50 familias de Coristanco xa teñen os seus composteiros

Compostaxe caseira en Coristanco

Conitinúa medrando na comarca o programa de Compostaxe Caseira. Esta semana, o Concello de Coristanco realizaba dúas sesións informativa no Edificio de Servizos Múltiples; para facer entrega de 50 composteiros a aqueles veciños e veciñas que así o solicitaron.

O Concello realizou unha sesión informativa para conseguir un proceso de compostaxe eficaz, e posterior entrega do composteiro para colocar nas vivendas.

Aquelas familias que queiran participar no programa poderán realizar a inscrición no mesmo a través da Sede Electrónica ou nas Oficinas Xerais do Concello de Coristanco. Poden solicitar mais información en www.compostaconsogama.gal ou no 981 73 30 01.

Na comarca son 6 os Concellos adheridos programa de compostaxe doméstico de Sogama: Carballo, A Laracha, Ponteceso, Coristanco, Camariñas e Cee.

Nova actividade ambiental

O Grupo Xuvenil de Íntegro en colaboración co Concello de Coristanco e integrado no programa de Iniciativa Xove “Coidemos o noso Entorno”, realizará este venres 18 de setembro unha nova acción medioambiental nos montes de Penavia e Monte Aberto, na parroquia de Seavia. Este programa, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, consistirá na recollida de residuos en ditos lugares.

Novas relacionadas