Sábado. 19.09.2020
El tiempo

#TITESACHAVE

As familias de Carballo xa superan a reciclaxe de 11.100 quilos na quinta fracción

As familias de Carballo xa superan a reciclaxe de 11.100 quilos na quinta fracción

As máis de 800 familias e 100 produtores adheridos ao programa “Ti tes a Chave” xa teñen permitido separar 11.100 quilos de residuos orgánicos nos contedores marróns de Carballo. O Concello carballés é, xunto ao da Laracha, un concello pioneiro na implantación deste colector da quinta fracción, que contribúe á redución das emisións de CO2, garante un fertilizante de calidade coa recuperación dunha práctica tradicional do rural galego e reduce os custos do servizo de recollida de lixo,.

Mentres, continúan con moi boa acollida as campañas a pé de rúa e o número de familias adheridas vai en aumento.

ti_tes_a_chave en Carballo

As persoas que queiran sumarse poden dirixirse ao posto das feiras ou á oficina de Carballo Limpo (galerías da rúa Desiderio Varela, 34) en horario de 10:00 a 14:00. Cada participante recibirá un kit que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables personalizadas, un tríptico informativo e a chave para abrir os contedores marróns que temos distribuídos por toda a zona urbana. Se na túa rúa tamén fai falta non dubides en pedilo.

Novas relacionadas

comentarios