Iniciadas as obras da senda peonil de 170 metros en Coristanco
14 de outubro de 2020 (11:00 h.)
Este martes deron comezo as obras de construción dunha senda peonil na estrada autonómica AC-552 na entrada sur de Coristanco. Unha obra que permitirá facer unha beirarrúa de 170 metros no punto quilométrico 37.300,
As obras durarán 2 meses e que conta un investimento de 48.000€.
Mentres, polo lado norte seguimos esperando pola senda peonil que unirá a vila con Carballo.
Novas relacionadas
- Outubro 2020: A Xunta adxudica unha senda peonil en Coristanco de… 170 metros.
- Marzo 2020: A Xunta autoriza as expropiacións para a senda que unirá Carballo e Coristanco.