Domingo. 25.10.2020
El tiempo

A Xunta autoriza as expropiacións para a senda que unirá Carballo e Coristanco

Mapa da senda Carballo-Coristanco
Mapa da senda Carballo-Coristanco
A Xunta autoriza as expropiacións para a senda que unirá Carballo e Coristanco

A pesar de todo, hai expedientes que seguen avanzando. É o caso da senda que unirá os núcleos de Carballo e Coristanco, unha das que forman a serie de 18 quilómetros de sendas que vertebrarán o concello carballés. A Xunta vén de aprobar o decreto polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de itinerario peonil e ciclista na estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 32+620 e 34+400, enlanzando cas beirarrúas existentes no lugar de Montecelo no concello de Coristanco..

O orzamento estimado polo Goberno galego para esta intervención ascende a máis de 1 millón de euros, aos que se engaden uns 63.000 euros para o pagamento das expropiacións dos 95 predios necesarios para esta actuación.

O proxecto comprende dous treitos de actuación. Na marxe dereita desta estrada, actuarase entre os puntos quilométricos 32+620 e 33+180, comunicando a beirarrúa existente no núcleo de Carballo coa vía de acceso á factoría de Calvo que conecta a vía autonómica á altura do punto quilométrico 33+200.
Na marxe esquerda da AC-552 a intervención esténdese entre os puntos quilométricos 32+620 e 34+400, comunicando neste caso as beirarrúas existentes no núcleo de Carballo e o lugar de Montecelo (Coristanco), continuando a beirarrúa pola marxe dereita ata o núcleo de Coristanco, pero sen chegar ata a rotonda do Carrefour, como pretendían dende o Concello coristanquñes.

Novas relacionadas

comentarios