Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Xunta adxudica unha senda peonil en Coristanco de… 170 metros

Entrada sur de Coristanco
Entrada sur de Coristanco
A Xunta adxudica unha senda peonil en Coristanco de… 170 metros

Continúa a Xunta realizando as importantes sendas peonís pola comarca de Bergantiños. Pero esta que vén de anunciar é complicado chamarlle así. Adecentar 170 metros de beirarrúas non parece que vaia favorecer o ánimo por saír a deixar o coche en casa e saír andar…

En todo caso, é unha obra necesaria, pois as casas da entrada sur da vila non tiñan como chegar ata o núcleo urbano.

A obra recentemente adxudicada por 48.000 euros, a Excavaciones Pose, S.L., servirá para facer unha beirarrúa decente na marxe esquerda da AC-552 a altura de Coristanco, no punto quilométrico 37+300.

As obras comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 2 meses.

Senda peonil en Coristanco

Senda entre Carballo e Coristanco

A que si se pode considerar unha senda peonil é a que unirá Carballo e Coristanco durante case 2 quilómetros, e con case 1 millón de euros de investimento. E precisamente, a semana pasada o Boletín Oficial da Provincia publicaba a convocatoria do acto expropiatorio en ambos concellos.

Novas relacionadas

Comentarios